CAPELA DO PAZO DE SAN DAMIÁN

Relixioso
421
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Abruciños (San Xoán)

32171  Amoeiro - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 54.3" N - 7º 56' 28.2" W

Descrición

A capela, dunha única nave e planta rectangular e un pequeno adro ao acceso, foi construída no ano 1850. Situada en fronte ao Pazo de San Damián, é unha capela de equilibradas proporcións que tende á verticalidade nas súas liñas. Está construída en perpiaños de granito de grande calidade.Con tellado a dúas augas apoiado sobre unha cornixa de pedra de cuarto bocel asentada sobre un dobre listel, carece de canzorros ou calquera outro elemento decorativo, sendo a sobriedade nas liñas a súa principal nota característica. A súa fachada é o elemento máis característico. Presenta unha portada alintelada decorada cunha moldura rectilínea sobre a que pouco máis dun metro se encontra un medallón no que consta a súa data de consagración. Aos lados, dúas pilastras con falsos capiteis peseudodóricos conducen a mirada cara o piñón cóncavo a ambos lados, que presenta unha dobre moldura tórica e de cuarto bocel en cuxo extremo forma un rolo. Sobre unha meseta, tamén moldurada, sitúase a espadana dun único pero peraltado arco de medio punto, o cal alberga unha pequena campá.

Acceso

Desde o Concello, tómase á esquerda pola OU-0524 ata chegar a un cruce a uns poucos metros, onde tomaremos o desvío á dereita en dirección a Abruciños. Continuaremos por esta vía ata chegar ao pazo de San Damián. 

Camiños de Santiago

Vía da Prata

Estilos

Rexionalista
Arriba
Axúdanos a mellorar!