PETO DE ÁNIMAS DE GOMARIZ

Etnográfico
940

Localización

Parroquia: Loña do Monte (San Salvador)

Lugar: Gomariz

32720  Esgos - Ourense

Coordenadas:
42º 21' 48.8" N - 7º 42' 36.6" W

Descrición

Situado nunha encrucillada, na vila de Gomariz, a única vila de Loña do Monte que pertence a Esgos, xa que o resto de territorio se integra no concello limítrofe, Nogueira de Ramuín. Peto de tipo pechado, de estrutura ruda e coroado con cruz metálica. O antigo retablo de madeira policromada está desaparecido e no seu lugar atopamos a imaxe de Santo Antón de Padua.

Acceso

Dende Esgos en dirección a Ourense coller en Tarreirigo á dereita a estrada OU-0509 e seguindo as indicacións a Luintra chegaremos ó pobo de Gomariz. No límite de Gomariz e As Raposas (Nogueira de Ramuín) atoparemos o peto.
Arriba
Axúdanos a mellorar!