CRUCEIRO DE ALXEN

Etnográfico
861

Localización

Parroquia: Alxén (San Paio)

Lugar: A Igrexa

36458  Salvaterra de Miño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 06' 34.6" N - 8º 31' 39.6" W

Descrición

Atópase diante da igrexa de San Paio á outra banda da estrada. Ocupa este lugar tras a ampliación da estrada. Érguese sobre cinco chanzos de pedra e unha base cúbica, o fuste é octogonal. O capitel ten cabezas de anxos nas partes centrais e follas nas esquinas. A cruz é cilíndrica, presenta por diante a figura do Cristo con coroa de espiñas baixo INRI acompañando de un anxo con unha copa. Por detrás atópase unha Virxe de pé sobre unha peaña. No varal atópase a data de construción, ano 1699. O monumento esta protexido por un reixa de ferro.
Arriba
Axúdanos a mellorar!