CAPELA DA VIRXE DA O DE PEDRAZÁS

Relixioso
558

Localización

Parroquia: Chaveán (San Bartolomeu)

Lugar: Pedrazas

32786  Chandrexa de Queixa - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 07.9" N - 7º 20' 39.3" W

Descrición

Patroa  a Nosa Señora da O, que se celebra o primeiro domingo de xuño.
Ata comezos do século XX era propiedade dos Condes de Lemos.
Destaca pola súa cantería, decoración e simetría. 
O interior está formado por unha única nave central, no chan atópanse tres lápidas baixo as que descansan tres tumbas.
Na antigüidade era propiedade dos Condes de Lemos e os veciños como usufrutuarios debían de pagar un arrendo anual, todo isto ata que ben entrado o século XX os veciños deciden comprar a igrexa pola cantidade de mil pesetas e pasan a ser propietarios vitalicios.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!