IGREXA DE SAN BARTOLOMÉ DE PARAFITA

Relixioso
432

Localización

Parroquia: Parafita (San Bartolomeu)

Lugar: Parafita

32786  Chandrexa de Queixa - Ourense

Coordenadas:
42º 15' 49.3" N - 7º 20' 59.5" W

Descrición

Patrón San Bartolomé, celébrase o 24 de agosto.
Fachada: porta cuberta con arco de medio punto e óculo superior lixeiramente desviado cara a esquerda, espadana de tres corpos con dous vans no inferior.
Interior: un arco de medio punto sobre impostas que separa a nave central do presbítero, no lateral esquerdo altar cuberto con lintel, á sancristía accedese por unha porta que se abre no lateral esquerdo.
Na contorna da igrexa atópase un cruceiro que posiblemente fose construído  ao mesmo tempo que a igrexa parece que neste caso quérenos indicar a entrada a un espazo de culto.
Lenda: o día do patrón acudían (e aínda acoden pero en menor caso), os pais cos nenos para ofrecelos ao Santo para curarlle o medo propio da infancia e tamén os problemas relacionados coa fala (tartamudez, “fala tardía”, dislalia, etc).

Acceso

Dende Celeiros capitalidade municipal pola estrada de Celeiros-Trives a 4km. a man dereita atópase o desvío de 2 km. ata chegar a Parafita.

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!