ANTIGAS FÁBRICAS DE SALGADURA E SERRADOIRO DE DON JULIÁN

Civil
1067

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: San Cibrao

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 45.5" N - 7º 26' 41.1" W

Descrición

Antiga fábrica de salgadura e serradoiro perfectamente restaurado e seguro. Nel pódense ver os fosos onde se depositaba o sal e nos cales se gardaba o peixe cando o traían os barcos ao porto de San Cibrao. Está perfectamente iluminado polo que pode visitarse tanto polo día coma pola noite.
Neste punto comeza ou finaliza a ruta Sendero Azul.

Acceso

Dende a vía principal de San Cibrao, antes de chegar á ponte que cruza a ría, collemos a senda que bordea a propia ría e chegaremos directamente á fábrica de salgadura.
Para acceder en coche, debemos seguir os desvíos que nos levan á praia da Limosa ata chegar a un desvío cara a dereita que xa nos indica nun cartel a antiga fábrica de salgadura.
Arriba
Axúdanos a mellorar!