IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA

Relixioso
1185
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: A Guarda (Santa María)

Lugar: A Guarda

Praza da Igrexa

36780  A Guarda - Pontevedra

Coordenadas:
41º 54' 07.5" N - 8º 52' 26.3" W

Descrición

A igrexa parroquial orixinalmente románica ampliouse no século XVI cando Diego de Torquemada era bispo de Tui. No interior destaca o retablo da capela maior de estilo borrominesco do século XVIII dedicado á Asunción da Virxe María.

De gran interese son as imaxes de Cristo: o Cristo Xacente, obra do escultor local Cándido Sobrino. No retablo do Altar das Ánimas está o Cristo Crucificado, segundo a tradición é unha imaxe recuperada do mar arroxada polos católicos ingleses na época de Henrique VIII.
A fachada principal é barroca con murais brancos (influencia portuguesa) e a fachada sur é de estilo renacentista. A torre lateral de planta rectangular rematada nunha cúpula foi realizada no s. XIX.

Acceso

Dende a rúa Galicia, coller a rúa José María Andreini, despois a rúa Agustín Nandín Lomba que rodea a mesma igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!