PAZO DE BOALLO

Civil
597

Localización

Parroquia: Berdoias (San Pedro)

Lugar: Boallo

15128  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 03' 52.6" N - 9º 05' 40.1" W

Descrición

As ruínas deste pazo aínda sorprenden pola riqueza desta casa señorial, posuídora de  toda a aldea e couto de Boallo. Foi fundada en 1637 por Martiño de Castiñeira, fillo de Alonso II de Lema, fundador da casa fidalga da veciña Berdoias.
Entre os diferentes elementos que compoñen o pazo destacan a súa solaina cuberta, o patín ou a lareira cunha elegante cheminea.
O conxunto do pazo complétase coa capela en ruínas de San Roque, o cruceiro, o camiño empedrado da Calzada de acceso ao pazo e varios interesantes elementos como hórreos, eiras e un pombal.

Acceso

Saír de Vimianzo en dirección a Fisterra até chegar a aldea de Berdoias. Desde alí virar en dirección Camariñas até chegar a Boallo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!