ANTIGA ESCOLA DE PASARELA

Civil
679

Localización

Parroquia: Calo (San Xoán)

Lugar: Pasarela

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 47.4" N - 9º 02' 53.0" W

Descrición

Inaugurada en 1931, esta vella escola de Pasarela foi financiada na orixe por diñeiro da emigración arxentina. A ABC (Asociación Benéfico Cultural) do Partido xudicial de Corcubión de Buenos Aires foi a promotora da creación desta escola “Enrique Labarta Pose nº2”.
Desde a súa creación tivo varias modificacións, en orixe só tiña unha planta, na que había unha soa aula para nenas e nenos e a vivenda do mestre. Coa ditadura créase outra aula para separar nenas e nenos. Na súa fachada destaca un antigo reloxo doado á escola por subscrición popular en Buenos Aires.
Na actualidade é un local sociocultural.

Acceso

Salir de Vimianzo en dirección a Camariñas. Antes de Calo virar en dirección a Pasarela.
Arriba
Axúdanos a mellorar!