HÓRREO DE CAMBEDA

Etnográfico
443

Localización

Parroquia: Cambeda (San Xoán)

Lugar: Cambeda

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 38.2" N - 9º 02' 23.8" W

Descrición

O cabazo ou hórreo de Cambeda está entre os máis longos de Galicia, con 22,34 metros de lonxitude e 16 pares de pés. Trátase dun hórreo “tipo Fisterra” de granito, con pezas de cantaría superpostas con espazos para permitir a ventilación.
Situado ao lado da igrexa e das ruínas da vella reitoral, era o lugar onde o párroco acumulaba os dezmos, a porcentaxe das colleitas que os fregueses debían dar á Igrexa.
Ao seu carón había unha eira da que aínda se observan partes das pedras do seu feche.

Acceso

Sair de Vimianzo en dirección a Fisterra. No fondo do Val, virar á esquerda en dirección á igrexa parroquial de Cambeda.
Patrimonio cultural Etnográfico Hórreo ou conxunto singular
Arriba
Axúdanos a mellorar!