MUÍÑO DA AGRA

Etnográfico
579

Localización

Parroquia: Vimianzo (San Vicenzo)

Lugar: Vimianzo

Rúa Tras do muíño

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 31.2" N - 9º 02' 09.3" W

Descrición

A primeira referencia documental do Muíño da Agra é o Catastro do Marqués de Ensenada, no século XVIII. No mesmo edificio hai dous muíños, un que pertencía daquela a Juan de Castro e outro a Jorge Caamaño, quen cobraban a maquía polos cereais que alí se levaban moer, principalmente millo.
Chama a atención a longa canle de pedra que leva a auga cara o cubo, onde se acumula a auga para que saia a presión e así poder aproveitar mellor a forza hidráulica.
Trala súa rehabilitación en 2014 por parte do Concello, o municipio é un lugar de lecer para a veciñanza, que celebra a festa da Muiñada de Vimianzo neste lugar no mes de outubro.

Acceso

Sitúase na propia vila, no barrio de Tras do Muíño.
Arriba
Axúdanos a mellorar!