FONTE DA GÁNDARA

Civil
606

Localización

Praza Fundadores 4

36890  Mondariz-Balneario - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 37.7" N - 8º 27' 59.1" W

Descrición

O manancial de Gándara foi descuberto no 1872 polo licenciado en Medicina e Cirurxía D. Sabino Enrique Peinador Vela (1847-1917).
Para darlle unha aparencia máis acorde co luxoso aspecto do Gran Hotel, pois se atopaba no parque deste, realizouse un edificio, proxectado polos Sres. Palacios y Otamendi, con dous partes claramente diferenciadas, unha destinada á fábrica de embotellado e a outra á toma das augas.
O edificio conta cunha altura de 28 m., cunha cúpula de bronce e cristal, con cúpulas achaflanadas e numerosas columnas, ó ter vinte e catro columnas ó exterior, seis en cada semicírculo e oito no seu interior.

Acceso

A fonte sitúase nos xardíns do Gran Hotel, no centro da vila.
Arriba
Axúdanos a mellorar!