PALADIUM

Hoteis - 3 estrelas
1448
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilamartín de Valdeorras (San Xurxo)

Lugar: Valdegodos 159

32340  Vilamartín de Valdeorras - Ourense

Coordenadas:
42º 24' 29.3" N - 7º 02' 27.6" W
+34 988 336 801
+34 988 336 801

Descrición

COMPLEXO HOSTALEIRO  PALADIUM, UN DESTINO CON 5 SENTIDOS
Contorna natural, privilexiado e nun contexto xeográfico, histórico e gastronómico único.
Descobre o noso hotel, un espazo con encanto situado nunha ladeira con vistas espectaculares ao val de Valdeorras. Atopámonos en pleno centro da comarca, bañada polo caudaloso e histórico río Sil cun clima oceánico-mediterráneo (Con influencia Atlántica).
Axuntamos gastronomía, cultura e as espectaculares paisaxes do Val valdeorrés para ofrecer experiencias únicas, ambientes exclusivos e  reinventados, aloxamento con todas as comodidades e amplos espazos para eventos afastados da tensión e o ruído.
O hotel e restaurante mostran a súa contorna a través de grandes cristaleiras, miradoiros e  cenadores en altura, á vez que fai gala das súas orixes en cada detalle. A historia precédenos e enche de maxia cada recuncho.
Estamos cheos de lugares que convidan a paseos e visitas como O Teixedal, a única reserva natural de teixos de Europa, a estación invernal de Cabeza de Manzaneda, cunha altitude de 1.778 m, Pena  Trevinca, o pico máis alto de Galicia ou mesmo as cercanas “Medulas”, patrimonio da humanidade.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Aire acondicionado nos cuartos
Antena parabólica
Ascensor
Bar cafetaría
Calefacción central
Calefacción individual
Cuartos con salón-suítes
Discoteca
Internet nos cuartos / wifi
Minibar
Salón de convencións
Secador de cabelo nos cuartos
Servizo de cuartos 24 h.
Teléfono nos cuartos
Televisión nos cuartos
Xardín terraza

Servizos enoturismo

Acceso minusválidos
Admite cans
Admite tarxetas
Aloxamento
Cartas de viños
Parking autobuses
Parking bicicletas
Parking coches
Restaurante
Terraza xardín
Ubicación de interese
Zona Wifi

Ofertas Primavera de Portas Abertas 2024

Cuarto dobre con almorzo incluido 65 €

Arriba
Axúdanos a mellorar!