CRUCEIRO DA GRIXA DE DUMBRÍA

Etnográfico
778
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Dumbría (Santa Baia)

Lugar: A Grixa

15151  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
43º 00' 26.1" N - 9º 06' 46.5" W

Descrición

Cruceiro de tipo Crucifixo con plataforma cuadrangular con catro chanzos de altura e pedestal cúbico rematado en chafrán cunha mesa á carón do último chanzo da plataforma. O varal é octogonal e o capitel é corintio con follas de ápice groso e redondo. A súa cruz é octogonal con remates florales con botón central. Polo anverso da cruz presenta a Cristo Crucificado con tres cravos, mans abertas e pé dereito sobre o esquerdo. A cabeza está ergueita con coroa de espiñas e unha cartela coas siglas INRI. O seu pano de pureza está anoado á dereita. Polo da cruz está a Virxe en actitude de orar coas mans xuntas sobre unha peaña dun anxo con ás. O cruceiro é de granito. 

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!