CRUCEIRO DE COIRÓS DE ARRIBA

Etnográfico
781

Localización

Parroquia: Coirós (San Xulián)

Lugar: Coirós de Arriba

15316  Coirós - A Coruña

Descrición

?Cruceiro, situado xunto ao concello de Coirós, que se alza sobre unha plataforma cadrada de tres chanzos. O pedestal ten forma prismática con remate alto redondeado. Na columna, o fuste é cilíndrico de dúas seccións de distinto diámetro e o capitel presenta unha forma tronco-prismática invertida, decorado con motivos vexetais como follas de acanto. A cruz latina mostra no anverso a imaxe do Cristo Crucificado baixo a lenda de "INRI". Trátase dunha imaxe de pequeno tamaño e talla académica, que, pegada á cruz, mostra coroa de espiñas e pano de pureza anoado á esquerda.

Acceso

En Coirós, en fronte da casa consistorial, áchase o cruceiro.
Accesibilidade: coche, peonil, autobús.
Arriba
Axúdanos a mellorar!