CASA DAS ROMEIRAS

Civil
399

Localización

Parroquia: Camariñas (San Xurxo)

Lugar: Camariñas

Rúa Real 14

15123  Camariñas - A Coruña

Coordenadas:
43º 07' 48.9" N - 9º 11' 01.0" W

Descrición

Casa blasonada característica de finais do século XIX que se atopa no núcleo urbano da vila. Presenta catro plantas, e cuberta a dúas augas con tella. Destacan na fachada as balconadas e, o escudo de armas da familia, dunha considerable dimensión. Realizado en pedra, mostra as liñaxes das familias vinculadas á casa.

Acceso

Pola AC-432, xirar á dereita á altura da rúa San Migual despois xirar á esquerda para enlazar coa rúa Real á dereita.
Arriba
Axúdanos a mellorar!