CASTRO DE AS BARREIRAS

Depósitos arqueolóxicos
698

Localización

Parroquia: Cambeda (San Xoán)

Lugar: Ogas

15129  Vimianzo - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 55.3" N - 9º 02' 32.6" W

Descrición

Singular castro nunha localización atípica, en plena chaira e dominando a paisaxe do Val de Vimianzo. Presenta un espectacular sistema defensivo, cun ancho foso seguido dun complexo terraplén, unha muralla que se achega aos 10 metros de altura nalgún punto.
As escavacións arqueolóxicas dirixidas por Ángel Concheiro permiten ver diferentes construcións circulares de cachotería de grandes dimensións onde non se aprecian signos de romanización. É pois un castro da Idade do Ferro, datado entre os séculos III e I antes da nosa era. Tras unha breve ocupación do castro foi abandonado e incendiado, polos restos de cinza que se atoparon no interior das vivendas.

Acceso

O castro sitúase na entrada da vila de Vimianzo vindo de Fisterra, ao pé da estrada.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Patrimonio cultural Depósitos arqueolóxicos Cultura castrexa (castros, citanias)
Arriba
Axúdanos a mellorar!