IGREXA PARROQUIAL DE SAN MAMEDE DE LOUREZA

Relixioso
507
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Loureza (San Mamede)

Lugar: Loureza

Estrada de Loureza 7

36779  Oia - Pontevedra

Descrición

Neste lugar localizábase un antigo Mosteiro Medieval que coñecemos grazas a documentación conservada en diversos arquivos. A súa primeira mención é nun documento do ano 1137 no que o Mosteiro de San Mamede de Loureza dóase ao veciño Mosteiro de Oia. Do seu pasado medieval poucas evidencias quedan no lugar, xa que a igrexa actual data de 1780.
A súa fachada está presidida por San Mamede de Cesarea, un santo martirizado no século III na actual Turquia. Conta a súa lenda que foi botado aos leóns, pero que el conseguiu amestralos.
No seu interior a igrexa conserva un púlpito de pedra pintada, ao cal se accede mediante unha escaleira apegada á parede, así como dous retablos barrocos xemelgos, un para o Sagrado Corazón e outro para Santo Antón.

Acceso

Dende a estrada PO552 que une Baiona – A Guarda, na parroquia de Santa María de Oia coller a PO 3202 que nos leva xa dirección Loureza.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!