IGREXA DE SAN MARTIÑO DO CELLO

Relixioso
516
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Cello (San Martiño)

Lugar: O Cello

36517  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 44' 36.7" N - 8º 06' 57.8" W

Descrición

Conta cunha ábsida rectangular románica de perpiaños de granito, cunha saeteira cegada no testeiro. No interior conserva o arco triunfal de medio punto sobre dúas columnas con seus capiteis lisos, aínda que parecen ter sido limpados por unha posible ornamentación obscena. Na fachada principal presenta unha espadana barroca dun so arco rematado en pináculos.
Foi reformada a mediados do século XIX.

Acceso

Dende Lalín coller a estrada EP-6009 ( despois EP-6302) en dirección a Brántega. Dende a rotonda superior do centro comercial Deza, percorrer 8,7 quilómetros ata atopar o desvío, á esquerda cara a Cello. Collelo e percorrer 1 quilómetro máis ata chegar á aldea, no centro da cal se atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!