ADEGAS EN REMUÍÑO

Etnográfico
523

Localización

Parroquia: A Arnoia (San Salvador)

Lugar: Remuíño

32417  A Arnoia - Ourense

Coordenadas:
42º 14' 08.4" N - 8º 08' 06.4" W

Descrición

Conxunto de adegas colocadas en ladeira entre os terreos de viñedo, edificios cúbicos de planta rectangular construídos a turramonte, aproveitando a parede natural do terreo, co resto dos muros portantes de cachotería granítica e cuberta a unha ou dúas augas con cubrición de tella curva. Os únicos vans da construción son pequenas bufardas e portas alinteladas con pezas de cantería. Os portalóns de madeira son de dobre folla para facilitar a entrada das grandes pipas de viño e outros apeiros.
Arriba
Axúdanos a mellorar!