IGREXA DE SAN XOÁN DE PALMOU

Relixioso
437
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Palmou (San Xoán)

Lugar: Palmou

36517  Lalín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 43' 50.1" N - 8º 07' 11.3" W

Descrición

Aínda que moi reformada conserva diversos elementos da súa fábrica románica de finais do século XII. A cornixa que descansa sobre canzorros con figuras variadas, felinos, coellos, monstros, parella de vellos, un músico tocando a viola....
Presenta tamén unha porta lateral cunha arquivolta sobre columnas de fuste liso monolítico e capiteis decorados un con dous leóns e outro con follas.

O templo posuía un tímpano que cubría a porta principal coa escena en relevo da loita de Sansón e o león. Dito tímpano, que desapareceu hai anos, foi descuberto nunha poxa en Milán. A Deputación de Pontevedra adquiriuno e hoxe podemos velo no Museo de Pontevedra. Na casa consistorial de Lalín hai unha réplica feita pola escola de canteiros de Pontevedra.

Acceso

Dende Lalín coller a estrada PO-206 en dirección a Vila de Cruces. Dende a rotonda de Carragoso percorrer 7 quilómetros ata chegar á aldea de Camiño Real onde se colle o desvío, á dereita, cara a Erbo/ Cello, percorrer 1,7 quilómetros por esta nova estrada EP-6006 ata chegar a un grupo de casas onde se deixa esta estrada para coller á esquerda por un desvío que non ten sinalización e que leva despois de 260 metros ao núcleo de poboación no que se atopa a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata

Estilos

Románico
Arriba
Axúdanos a mellorar!