CASA REITORAL DE SAN BARTOLO DE XOVE

Civil
372

Localización

Parroquia: Xove (San Bartolo)

Lugar: Xove

Rúa Generosa Vilalba

27870  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 12.3" N - 7º 30' 43.5" W

Descrición

Vivenda tradicional de titularidade PRIVADA, de dúas alturas e muros de cachotería e granito. Portas alinteladas e fiestras rectangulares con batente en tres corpos, e carpintería de madeira. Pórtico alintelado de cantería con frontón clásico e elementos ornamentais. Situada no núcleo de Xove, nun contorno semi-urbano formado por edificacións tradicionais e de nova construción.

Acceso

No centro de Xove, tomar a rúa Generosa Vilalba, situada fronte á Libraría Basanta e descender por ela, pasando fronte á igrexa parroquial de San Bartolo arredor de trescentos metros, fronte á casa dos Vilalba e por detrás da igrexa parroquial está esta edificación da reitoral.
Arriba
Axúdanos a mellorar!