CASA DE VILALBA

Civil
675

Localización

Parroquia: Xove (San Bartolo)

Lugar: Xove

Rúa Dona Generosa Vilalba

27870  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 10.7" N - 7º 30' 46.8" W

Descrición

Casa Indiana de titularidade PRIVADA con edificación en planta baixa, planta alta e aproveitamento baixo cuberta. Muros de cachotería revestidos en morteiro con elementos nobres de pedra labrada e perímetro de vanos e cornixas. Cuberta a dúas augas con cubrición de lousas de xisto e pináculos en beirís e cumieira. A destacar o lucernario de sección octogonal con remate de acroterio situado na cuberta. Carpintería de madeira en portas e fiestras. Molduras de cantería sobre fiestras de alzado principal. Bufardas en planta alta. A casa é unha das poucas representacións que hai en Xove de casas Indianas. Foi construía a principios de século XX por D. Manuel Vilalba Balsa, nacido en Xove no ano 1873 e emigrado a Sudamérica, onde fixo unha gran fortuna cos encaixes e máis tarde como propietario de casas e hoteis. A rúa na que se atopa leva o nome da irmá Dna. Generosa Vilalba, falecida moi nova e recordada con agarimo polo empresario.

Acceso

Saíndo dende o centro de Xove pola estrada autonómica LU-962 en dirección Viveiro, tomar a rúa dona Generosa Vilalba, xirando á man dereita fronte á Libraría Basanta, a casa atópase a escasos metros á man esquerda da rúa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!