CAPELA DE SAN ANTÓN

Relixioso
2

Localización

Parroquia: Ábedes (Santa María)

Lugar: Ábedes

32600  Verín - Ourense

Descrición

Capela de planta rectangular con teitume a dúas augas, con moitas reformas ao longo dos séculos. Conta con perpiaños romanos, elementos románicos e algunha ampliación do século XVIII.
Lugar de celebración da romaría de Santo Antón que se atopa entre a mitoloxía ancestral e a relixiosidade popular. Ofrenda ao santo protector e benfeitor o 17 de xaneiro, data de celebración da festividade de Santo Antón abade, venerado na Igrexa Católica.
A localidade de Ábedes (Verín) celebra o 17 de xaneiro a romaría de Santo Antón, máis coñecida como Festa do Chourizo. Comeza pola mañá coa chegada dos romeiros, que poden participar na misa solemne e procesión do santo polos exteriores da capela. Cara ao solpor aparece por primeira vez no ano a máscara do Cigarrón que, látego en man e cun sorriso cínico plasmado na súa careta, anuncia a proximidade do entroido.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Arriba