CAMINO DE ESTRELLAS

Pensións - 2 Estrelas
466
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Progreso 28

27740  Mondoñedo - Lugo

Descrición

Camino de Estrellas é un establecemento en pleno casco histórico da antiga cidade de Mondoñedo, desde onde se pode contemplar dunha preciosa vista da CATEDRAL AXEONLLADA. Especialmente fermosa a luz do atardecer sobre as pedras da súa fachada principal, desde algún dos  balcóns das nosas habitacións.

No Camiño Norte de Santiago, desde o noso establecemento poderás dar un tranquilo paseo polo barrio dos muíños, facer sendeirismo seguindo a ruta da auga, coñecer a casa de Álvaro Cunqueiro ou Leiras polbeiro, escapar á praia das catedrais, ou gozar das ondas na praia da Rapadoira.

Camino de Estrellas é unha antiga casa da cidade de Mondoñedo, restaurada con todo o amor e cariño para facer sentir os nosos convidados como na súa propia casa. Conservamos a maxestosa escaleira de madeira que percorre os tres andares, así como os grandes taboleiros de madeira tamén que pisan o chan. Dúas das habitacións teñen como prato de ducha as antigas pedras de lavar desta casa. Estas e outras cousas son as que poderás atopar na nosa-vosa morada.

A temática do aloxamento son as estrelas que iluminan o camiño de peregrinos, o camiño da vida, dos pasos vitais dos nosos hóspedes. Poderás gozar da enerxía da Estrela do Norte, do brillo de Rigel, da espectacularidade de Capella, Aldebarán ou Betelgeuse, descubrir Meissa, etc.

Desexámosvos que gocedes da tranquilidade e da paz das nosas estrelas.




Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Réximes

Almorzo

Tipos de servizos

Admite tarxetas de crédito
Aire acondicionado
Aire acondicionado nos cuartos
Calefacción individual
Cuartos con salón-suítes
Cuartos familiares
Edificio histórico
Fálase inglés
Internet / wifi en zonas comúns
Lavandaría
Salón de estar
Secador de cabelo nos cuartos
Televisión nos cuartos
Arriba
Axúdanos a mellorar!