CONXUNTO SINGULAR DE PAREDES

Civil
414

Localización

Parroquia: Serantes (San Tomé)

Lugar: Paredes

32428  Leiro - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 48.0" N - 8º 08' 54.9" W

Descrición

Formado por 30 hórreos, 6 muiños e un lavadoiro, de gran valor etnográfico. Ambas construcións falan do modo de vida tradicional destas terras, unha síntese de economía familiar autárquica e traballos comúns. Os hórreos, unha das mostras da arquitectura popular máis representativas de Galicia, servían, e aínda o fan en moitos lugares, de almacén seguro para as colleitas nos arredores das casas. Ao elevarse sobre o chan, están protexidos dos efectos da humidade e das incursións dos animais. En xeral todos os hórreos responden a un patrón común, pero dependendo da zona poden presentar peculiaridades de construción na súa planta ou na súa cuberta. Tamén varía a súa denominación. Así, atopámonos con 'canastros', 'cabaceiros', etc. Os de Paredes, como outros, foron restaurados para preservar o seu valor antropolóxico de cara o futuro. O desfrutar esta zona dunha rica rede fluvial, non é de estrañar que a forza das augas se aproveitase para o seu uso nas labores de moer. Paredes conta cun conxunto de seis muiños que baixan en fervenza, seguindo o curso do Regato do Foxo.

Acceso

Dende o núcleo municipal coller a estrada OU-0306 ata chegar a Paredes.
Arriba
Axúdanos a mellorar!