MUSEO DE LA HISTORIA DE LA AUTOMOCIÓN EN MINIATURA

Museos e coleccións
1363
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Deputación 2

Portomarín - Lugo

Coordenadas:
42º 48' 28.6" N - 7º 36' 58.3" W

Descrición

O Museo de la Automoción en Miniatura é unha Exposición que acolle toda a historia e evolución do auto desde o seu nacemento, a finais do S. XIX, ata a actualidade.

Un Centro que busca a conservación e a difusión do patrimonio histórico-automobilístico; un espazo que nos permite viaxar ao pasado e deixar que as reproducións a escala 1/43 nos falen das infancias vividas e os modos de entender o mundo noutras épocas.
Neste caso, trátase dun museo pequeniño pero cunha grande importancia por algunha das pezas que alberga, ás que lles damos un enfoque histórico.

Visitas concertadas mediante cita previa ao (982) 284 677 ou ao (653) 453 720.

Particularidades:
Visitar o Museo de la Automoción en Miniatura é unha experiencia única, en tanto que pretendemos transmitir ás distintas xeracións a cultura vinculada aos vehículos que nos permitiron pasar dun ámbito de relacións acoutado (reducido aos nosos máis inmediatos veciños), a....poder “coñecer o mundo”.

O Museo de la Automoción en Miniatura ten un carácter eminentemente didáctico. Móstranos máis dun milleiro de vehículos de todas as épocas (desde 1881 ata o ano actual), de modo que resulta moi interesante non só para o máis neófito na materia (que poderá ver o paso dos anos a través da mostra: os espectaculares exercicios de desdeño dos anos 30, os esaxerados americanos dos 50, os máis sobrios rusos dos 60, os microcoches, autobuses, coches de fórmula 1, os coches de rally, etc), se non que tamén, ao tempo, a calidade dos exemplares que se expoñen farano igualmente merecedor da atención por parte de calquera afeccionado ao motor.

Camiños de Santiago

Camiño Francés

Tipos de servizos

Acceso a persoas con mobilidade reducida
Aparcamento
Cafetería
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Arriba