PAZO DE SAN BRAIS DE AGUETE

Civil
763

Localización

Parroquia: Seixo (Nosa Señora do Carme)

Lugar: Aguete

Estrada PO-551

36913  Marín - Pontevedra

Coordenadas:
42º 22' 30.3" N - 8º 43' 36.6" W

Descrición

De propiedade privada, este pazo foi fundado no ano 1669 polo párroco de San Tomé de Piñeiro D. Joan Gago de Mendoza Montenegro Sotomayor. Conta con capela propia dedicada a San Brais na que tódolos 3 de febreiro se celebraba unha romaría moi popular en honor a dito santo. Este pazo tiña muíño, pombal e un curioso portalón rematado con 6 almeas esculpidas.

Acceso

Saíndo do núcleo urbano de Marín pola Praza de España collemos a PO-551 en dirección a Bueu. Atópase na entrada de Seixo ao lado dereito da estrada antes da gasolineira.
Arriba
Axúdanos a mellorar!