IGREXA DE SANTA MARÍA DE BENDAÑA

Relixioso
471

Localización

Parroquia: Bendaña (Santa María)

Lugar: Bendaña

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 48' 38.5" N - 8º 20' 14.5" W

Descrición

Igrexa de planta rectangular a partir de muros de cachotería ordinaria lucidos con morteiro de cemento e pintadas de cor branco. Os marcos de portas e xanelas son de cantería, así como os esquinais. Cuberta a dúas augas con rematado de tella curva sobre entramado de madeira. En fachada principal porta de acceso con lintel e por riba de xanela circular. Remata o seu fronte cunha espadana de dous ocos que albergan sendas campás, con remates de pináculos.

Acceso

En automóbil son 11 quilómetros, uns 18 minutos dende a capital municipal, Fonte Díaz. Hai que seguir a AC- 240 dirección Ponte Ulla ata saír de Fonte Díaz, onde xiraremos a esquerda seguindo a sinalización de Foxás- Bendaña. Continuaremos por esa estrada ata Obra, alí xirar a dereita e continuar recto ata o lugar de Bendaña. Neste punto veremos a igrexa parroquial.

A pé seguindo o mesmo percorrido levaría aproximadamente 2 horas.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!