CAPELA DE SANTO ANTÓN DE LAÑAS

Relixioso
539

Localización

Parroquia: Lañas (Santa Baia)

Lugar: Vilar da Torre

15839  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 56' 31.5" N - 8º 42' 43.0" W

Descrición

A capela é de estilo renacentista, construída no S XVII e emprazada nunha carballeira, tras un carballo de grande envergadura de varios centos de anos. É de planta rectangular con tellado a dúas augas con tella, e construída con cadeirado de granito. A fachada é pentagonal e de pouca altura, coa porta rectangular con lintel no centro e o escudo de armas máis arriba. Unha pequena espadana elévase na parte central para rematar nunha cornixa que sostén a estrutura metálica para as dúas campás, con remate en arco decorado e cunha cruz metálica enriba.

Acceso

Dende San Vicente, toma a estrada AC-444 en dirección a Negreira. A pouco máis de cinco km atópase o lugar de Ceilán. Aquí cóllese o desvío a man esquerda e séguese por esta vía catro km, e en Vilar da Torre xiramos á dereita para chegar xa á carballeira onde se atopa a capela.

Estilos

Renacentista
Arriba
Axúdanos a mellorar!