IGREXA DE SAN MAMEDE DE SUEVOS

Relixioso
650

Localización

Parroquia: Suevos (San Mamede)

Lugar: A Cruz

15862  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 59' 27.8" N - 8º 45' 44.2" W

Descrición

A igrexa comezou a construírse no 1767, e completaríase no S XIX coa sancristía. De estilo neoclásico, é de planta rectangular con tellado a dúas augas con tella. A fachada principal é de forma pentagonal, coa porta central e unha pequena fiestra a media altura. Na parte alta central érguese a espadana, cunha cornixa sobre a que van dous arcos de medio punto con cadansúa campá, e enriba outra cornixa sobre a que se asenta un triángulo cos dous laterais cóncavos e tres pináculos nos ángulos, ademais da cruz metálico no superior. Os muros laterais están caleados.

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola estrada AC-444 en dirección Santa Comba, e despois de uns 3 Km xiramos á esquerda e a uns 400 m atoparemos a igrexa no lugar da Cruz. 

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!