IGREXA DE SAN PEDRO DE FIOPÁNS

Relixioso
639

Localización

Parroquia: Fiopáns (San Pedro)

Lugar: O Alde

15839  A Baña - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 50.7" N - 8º 41' 47.9" W

Descrición

Igrexa construída no S XVIII en estilo Barroco. Conta cunha nave principal rectangular con tellado a dúas augas e un engadido de menor altura ao lado esquerda, con muros construídos en cadeirado e cachotaría. Na fachada principal apréciase a decoración barroca, a torre do campanario sobresae da planta no centro da fachada e protexe a porta no seu interior; a media altura alberga a imaxe do patrón, e a campá sitúase arriba entre catro arcos de medio punto, e sobre estes, pináculos, ocos alongados rematados en arcos de medio punto e unha cúpula na parte superior coroada con pináculo e cruz metálica.

Acceso

Dende San Vicente da Baña collemos pola estrada AC-444 en dirección Negreira, e despois de uns 5 Km, ao pasar Ceilán, chegamos á rotonda e collemos a estrada AC-544 en dirección Santiago de Compostela. Collemos a seguinte saída, que está a 1’5 Km, e na rotonda collemos á esquerda en dirección a Portor. Ao chegar ao núcleo de Portor xiramos á esquerda e nun Km pasamos Fontemirón e chegamos a Troitomil, onde debemos xirar á dereita para chegar á igrexa de Fiopáns despois de outro medio Km.

Estilos

Neoclásico
Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!