PAZO DE PEDROSA

Civil
188

Localización

Parroquia: Lieiro (Santa María)

Lugar: Pedrosa

27890  Cervo - Lugo

Coordenadas:
43º 41' 16.0" N - 7º 25' 55.9" W

Descrición

Pazo de planta rectangular, con engadido da pequena capela pegada. Fabricado con cadeirado e cachotaría de granito e cuberto con lousa a catro augas. Da cuberta sobresae unha cheminea cadrada cos seus remates clásicos. A fachada principal contén na súa parte central un pano de perpiaños de granito onde se enmarca o portalón de entrada en arco de medio punto adovelado. Xusto enriba sitúanse tres interesantes escudos aliñados e encravados nunha soa peza, coas armas dos Arias-Conde, Luaces, Aguiar-Pardo e Pedrosa, escudos separados por dúas grandes cruces de Santo Andrés. O lintel semicircular dunha ventá contén certos gravados dos primitivos brasóns da casa. Noutro lintel dunha ventá vese gravada unha data, 1570, que se supón é o ano de fundación do soar por parte da liñaxe dos Pedrosa, descendente dos O´Connor de Irlanda, pois hai lendas que contan a súa viaxe ata Galicia fuxindo das guerras relixiosas de Irlanda. A capela pegada conserva a espadaña dun solo van e un lintel gravado na porta. Tamén conta cun voluminoso hórreo.

Acceso

Dende a estrada da Marosa, atópase a estrada de acceso ó pazo detrás da nave de Frigomar situada no polígono de Cuíña, en Cervo. Tras pasar unha estreita ponte a 100 m. temos un camiño á dereita que, tras percorrer unhos 500 m. nos leva ó pazo de Pedrosa.
Arriba