IGREXA DE SANTA MARÍA DA O DE VILABOA

Relixioso
599
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rutis (Santa María)

Lugar: Vilaboa

Avenida de Vilaboa s/n

15174  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 01.8" N - 8º 23' 04.4" W

Descrición

Edificada na década dos 60 do s.XX, é un dos edificios relixiosos mais modernos do concello. Teñen un grande interese artístico as pinturas de Urbano Lugrís que se atopan no cruceiro e baptisterio. “O Calvario” e “O descanso na fuxida a Exipto”, realizadas en 1964, son das poucas obras de Lugrís con temática relixiosa e dúas magníficas mostras da pintura contemporánea de Galicia. O pintor amosa un perfecto dominio do trazo, do tratamento da luz e combina maxistralmente a estética vangardista coa temática relixiosa.

Acceso

Dende a Casa do Concello, avanzamos en dirección A Coruña pola DP-3109 ata enlazar coa N-550 na Avenida de Vilaboa.Continuamos uns 1500 mts en dirección A Coruña e na man esquerda da estrada atoparemos a igrexa de Vilaboa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!