IGREXA DE SANTA MARÍA DE RUTIS

Relixioso
464
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Rutis (Santa María)

Lugar: Castro

Rúa Santa Bárbara 3

15174  Culleredo - A Coruña

Coordenadas:
43º 18' 54.3" N - 8º 23' 29.3" W

Descrición

Dispón dunha soa nave rectangular e cabeceira cuadrangular. Erixida a mediados do s. XII, coñeceu importantes reformas, a última datada en 1817, que desvirtuaron a fábrica orixinal,. Da obra medieval destacan os capiteis da ábsida traballados con motivos vexetais e animais. Como remate exterior da cuberta da cabeceira atopamos unha figura do Agnus Dei.

Acceso

Dende a Casa do Concello, tomamos a Avda. da Hermida (DP-3109) en dirección N-550. Na rotonda de enlace coa N-550 continuamos dirección A Coruña pola Avenida de Vilaboa e a 900 mts desviámonos a esquerda pola rúa Xafonte. Avanzamos 500 mts e viramos a esquerda para continuar pola rúa Santa Bárbara onde atoparemos a igrexa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!