IGREXA PARROQUIAL DE SAN MIGUEL DE COUSO

Relixioso
546

Localización

Parroquia: Couso (San Miguel)

Lugar: Couso

15147  Coristanco - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 16.9" N - 8º 46' 40.6" W

Descrición

Igrexa parroquial de planta rectangular e contraforte nos laterais con cuberta a dúas augas de tella cerámica curva. A estrutura resólvese mediante muros de carga de pedra enfuscada e cantería en esquinais e ocos, agás a fachada principal que constitúese enteiramente por cantería á vista. Na portada principal superpóñense no eixo vertical central, unha porta de grandes dimensións con arco de medio punto, con outras dúas portas ós lados que posúen as mesmas características pero menor dimensión. Na parte superior da porta central hai unha fornela cunha imaxe de pedra labrada e enriba un pequeno óculo. A ámbolos lados da fornela sitúanse dúas ventás con arcos de medio punto. O pinche ten forma de arco campanulado con molduras, dous pináculos, un en cada esquinal e rompendo a liña de cornixa xorde a torre campanario. 

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!