CAPELA DA VIRXE DO BO PARTO E DO LEITE

Relixioso
728
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Xoán de Laíño (San Xoán)

Lugar: A Devesa

15981  Dodro - A Coruña

Coordenadas:
42º 43' 25.7" N - 8º 42' 49.6" W

Descrición

Esta capela, tamén coñecida como A Capilla, é un edificio de planta rectangular e reducidas dimensións (6 m. de largo aprox. por 4,50 m. de ancho), en obra de perpiaños e cachotería, con bóveda de adobe e cemento e cuberta a dúas augas. O máis destacable dende o punto de vista artístico é a súa fachada principal, que responde a traza neoclásica. Consta dun único corpo con porta no centro escoltada por dúas columnas monolíticas exentas sen capitel e sobre bases cúbicas, as cales sosteñen a cornixa que no centro avanza 80 cm. aprox. Completa a fachada un frontón curvo do mesmo ancho que esta, o cal aparece coroado no centro por un pequeno campanario en forma de trípode e remate en cruz do tipo dos cruceiros, cun Cristo e unha Piedade, ambos en granito. A porta é de arco zarpanel de tres centros e presenta ó igual que o resto do paramento da fachada principal, un enmarque de cantería en resalte. O acceso ó edificio faise ao través dunha escaleira de granito de cinco escadas. En setembro celébranse as festas no seu honor.

Acceso

Dende a Casa do Concello na AC-305 (Pk 2,9) collemos a estrada con dirección Rois DP-3302 e a 1,2 Km está a Capela á esquerda.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Estilos

Neoclásico
Arriba
Axúdanos a mellorar!