PR-G 176 RUTA DO RÍO DEVA

Sendeirismo
1735

Localización

Pontedeva - Ourense

Coordenadas:
42º 09' 57.3" N - 8º 07' 57.9" W

Descrición

Este roteiro circular pódese iniciar na Ponte Ballote, onde conecta co PR-G 175 ou na área recreativa de Freáns, a beira do río Deva. É aconsellable este último emprazamento xa que está mellor comunicado.

Desde Freáns, área habilitada con mesas, asadores e xogos infantís, a senda discorre xunto ás dúas beiras do río Deva. As augas deste río, que baixan ata desaugar no Miño, poderemos atravesalas en tres puntos deste sinxelo roteiro: en Ponche Deva, en Entrerríos ou na Ponte  Ballote.

O trazado de suave pendente discorre tranquilamente por senllas de pescadores, permitindo gozar da visión de antigas obras hidráulicas tradicionais, outrora moi importantes, como son os muros de contención, canles e muíños.

O frescor da contorna do bosque de ribeira, sempre en sombra e con árbores predominantemente caducifolios como pradairos, carballos, castiñeiros, salgueiros e bidueiros, así como unha frondosa vexetación arbustiva e  herbácea, fan que este carreiro sexa un verdadeiro pracer para os sentidos.

Acceso

Desde a estrada OU-410 de Cortegada a Ponte Barxas, no cruzamento xunto á ponte sobre o Deva, tomar a estrada cara a Aldea de Deva (capital do concello). Dirixirse cara á casa do concello e logo descender pola estrada a Freáns ata a ponte sobre o río Deva.

Lonxitude

7 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: A Ponte Deva (Concello de Pontedeva)
Punto de partida: A Ponte Deva (Concello de Pontedeva)

Percorrido

A Ponte Deva, Entrerríos, área recreativa de Freáns, A Ponte Ballote, A Ponte Deva.

Dificultade

Baixa

Duración

2 horas e 2o minutos.

Servizos

En Aldea de Deva e, fora de ruta, en Trado.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

225-III Cortegada, 263-I Quintela de Leirado

Máis información

Concello de Pontedeva
Tel.: 988 495 005
concello@pontedeva.es
www.pontedeva.es

Segatur (Sendeiros de Galicia para o Turismo Rural S.L.)
Tel. 654 165 730 / 886 117 011
info@segatur.com
www.segatur.com

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!