PR-G 213 SENDEIRO OS BOSQUES MÁXICOS DE CASTRO CALDELAS

Sendeirismo
1359

Localización

Castro Caldelas - Ourense

Coordenadas:
42º 22' 29.7" N - 7º 24' 55.2" W

Descrición

O carreiro forma dous aneis que se unen na praza do Prado da capital municipal: O Castro de Caldelas. Pódese facer o roteiro completa ou elixir un dos bucles, xa que ambos son circulares.

O anel curto, duns cinco quilómetros, goza no seu inicio dunha boa panorámica sobre o castelo, para logo achegarse ata a igrexa de Camba (s. X). Desde aquí descende ata a área fluvial e recreativa de Ponte das Táboas. Seguindo o río Edo, o bucle retorna a O Castro de Caldelas entre muíños e bosques.

O anel longo, duns quince quilómetros, descende entre aldeas e bosques cara ao río Edo. En pouco tempo chégase ata as ruínas do mosteiro de San Paio de Abeleda (s. XII), situado entre amplos viñedos. Despois, o itinerario continúa próximo ao río de O Porto, seguindo a saia do monte coroado pola aldea de Poboeiros. No Souto de Poboeiros, os carballos e castaños centenarios rodean e dan sombra a esta senda.

RECOMENDACIÓNS

O roteiro cruza estradas transitadas en varios lugares. Sexa precavido.

Acceso

O Castro de Caldelas é unha importante vila na OU-536 entre Ourense e a comarca de Trives.

Un plus

CASTELO DE O CASTRO DE CALDELAS

Crese que esta fortaleza que pertenceu aos Condes de Lemos ocupa o lugar dun primitivo castro e un posterior campamento romano. A construción actual é do século XIV. Durante a Revolta Irmandiña, entre os anos 1467 e 1469, as forzas  Irmandiñas tomaron e destruíron parcialmente a fortaleza. Tras a revolta, o Conde de Lemos castigou aos seus  vasallos obrigándolles a reconstruír o castelo.

Hoxe é un centro cultural e no seu interior alberga a oficina de turismo, a biblioteca municipal, un salón de actos e un museo arqueolóxico e etnográfico.

Lonxitude

20,6 km.

Punto de partida/chegada

Praza do Prado en O Castro de Caldelas (Concello de Castro Caldelas)

Percorrido

O Castro de Caldelas, San Xoán de Camba, área fluvial da Ponte das Táboas, río Edo, O Castro de Caldelas, Valverde, O Couto, Soutelo, río Edo, mosteiro de San Paio de Abeleda, Santa Tegra de Abeleda, Poboeiros, Souto de Poboeiros, O Castro de Caldelas.

Dificultade

Media - Alta

Duración

7 horas

Material

Recoméndase botas de montaña, provisións e auga.

Servizos

No Castro de Caldelas.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

189-III O Castro de Caldelas

Máis información

Concello de Castro Caldelas
Tel.: 988 203 000
www.castrocaldelas.es
correo.castrocaldelas@fegamp.gal

turismo.ribeirasacra.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese histórico
Interese paisaxístico

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!