PR-G 229 RUTA CHAO DE POUSADOIRO - MUÍÑO DE GARCÍA

Sendeirismo
978

Localización

Ribeira de Piquín - Lugo

Coordenadas:
43º 12' 03.7" N - 7º 12' 05.6" W
43º 10' 38.3" N - 7º 11' 58.8" W

Descrición

Desde a coidada e fermosa praia fluvial do Chao de Pousadoiro, o carreiro ascende suavemente pola marxe esquerda do río Eo, entre bosques de ribeira e campos de labor. Nos lugares nos que o leito do Eo é angosto, a vexetación vólvese máis tupida e fórmanse bosques de carballos e outras caducifolias.

Tras atravesar as desembocaduras dos afluentes Salgueiro, Rendide e Castro, a estreita senda de pescadores alcanza a ponte colgante de Coado de Lamas. O itinerario non cruza o río, pero recoméndase atravesar a pasarela para gozar das vistas.

Máis adiante, o roteiro termina tras cruzar a ponte de Montefurado. A escasos 50 metros é recomendable visitar o muíño coñecido como Muíño de García. Xunto a este existen dous túneles que traen as augas do río Rodil, un deles relacionado coa explotación aurífera en época romana.

RECOMENDACIÓNS

Non se aconsella en épocas de choiva, temporais ou crecidas do río.

Acceso

Desde Lugo pola N-640 ata Meira. Despois, continuar pola LU-751 en dirección ao Chao de Pousadoiro.

Un plus

IGREXA DE SAN XOÁN DOS VAOS

Situada a escasos cinco quilómetros do Muíño de García, é un lugar enigmático cunha atmosfera de silencio e soidade. Este antigo priorado da Orde de San Juan de Malta é un dos poucos templos en Galicia no que se poden ver auténticas caveiras humanas como elemento decorativo, sendo cinco as que aparecen incrustadas na parede do atrio da igrexa. Existen varias interpretacións posibles, pero a súa orixe pérdese entre os enigmas da Idade Media.

Lonxitude

4,2 km.

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Muíño de García, na estrada dos Cangos a Montefurado (Concello de Ribeira de Piquín)
Punto de partida: Área recreativa do Chao de Pousadoiro (Concello de Ribeira de Piquín)

Percorrido

O Chao de Pousadoiro, pasarela colgante Colado de Lamas, Montefurado-Muíño de Garcia.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora e 15 minutos.

Conexións

Co PR-G 209. Nas proximidades tamén está o PR-G 228.

Material

Recoméndanse botas de montaña.

Servizos

No Chao de Pousadoiro e, fora de ruta, en Meira.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Non apto

Acceso a cabalo

Non apto

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

48-IV Meira

Máis información

Concello de Ribeira de Piquín
Tel.: 982 333 601
info@ribeiradepiquin.es
www.ribeiradepiquin.es

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese naturalista

Conexións con outros sendeiros

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!