CASA DA NOGUEIRA

Civil
881
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Pesqueiras (Santa María)

Lugar: A Nogueira

27516  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 05.7" N - 7º 44' 17.6" W

Descrición

O conxunto formado pola casa e a capela foi realizado no século XVIII, conservando nas súas fachadas varios escudos de armas. Os muros que a conforman son de cadeirado e cachotaría de granito. A capela é de planta rectangular con muros de cantería de granito. Conserva no seu interior un retablo barroco con columnas salomónicas, realizado no primeiro terzo do século XVIII.
Propiedade privada non visitable.

Acceso

Saír da vila pola Avda de Lugo. Antes da gasolineira tomar desvío á dereita pola LU-P-1802. No seguinte cruce tomar, novamente, desvío á dereita pola LU-P-1811.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!