FERVENZA DA REXIDOIRA

Fervenzas
317

Localización

Parroquia: Filgueira de Barranca (San Pedro)

Oza-Cesuras - A Coruña

Coordenadas:
43º 08' 35.6" N - 8º 09' 32.8" W

Descrición

Na estrada de AC-840 que vai de Curtis a Betanzos, no km 19, atoparemos un cruce á esquerda que indica A Rexedoira e Fervenzas. 

Unha vez que chegamos á antiga Casa de Peóns deixamos o noso vehículo e comezamos a nosa camiñada. Tras cruzar o río, seguiremos unha pista de terra que nos achegará aos saltos de auga e que está sinalizada como  SM17 Fervenzas da Rexidoira, da rede Senllas do Mandeo. Despois de camiñar uns 200m  atoparemos un sinal que nos leva ás fervenzas 1 e 2.

Dende aí, e collendo de novo a senda sinalizada, atoparemos primeiro a baixada á terceira fervenza, chamada o pozo da Ola e, un pouco máis adiante o últimos dos saltos de auga, denominado O  Batán. 

IMPORTANTE: debemos ir atentos ao terreo sobre o que pisamos xa que, en época de choivas, hai treitos moi esvaradíos.

Data de recollida inicial: 01/06/2021
Arriba