ALDEA DE PARADA

Etnográfico
239

Localización

Parroquia: Seoane do Courel (San Xoán)

Lugar: Parada

27324  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 37' 25.9" N - 7º 08' 15.9" W

Descrición

Vila con vivendas e construcións anexas (celeiros, cortes) de cachotaría luosenta. As casas teñen balconadas de madeira orientadas cara ao oeste. Na aldea atópase a casa natal do Poeta Uxío Novoneyra, sede da fundación Uxío Novoneyra e que se pode visitar. Abundante vexetación rodea a aldea, sendo numerosos os castiñeiros. O Souto da Rubial entrou recentemente no Catálogo de Árbores Senlleiras de Galicia.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada a Seoane. A 10 km atopamos un desvío a Parada/Moreda. Nesta vía hai un desvío a Parada.

Máis información

Arriba