IGREXA PARROQUIAL SAN SALVADOR DE O CASTRO DE OURO

Relixioso
1057

Localización

Parroquia: O Castro de Ouro (San Salvador)

Lugar: O Castro de Ouro

27776  Alfoz - Lugo

Coordenadas:
43º 31' 39.0" N - 7º 24' 32.0" W

Descrición

Data do século XV, está situada no centro do castro e foi a capela do castelo de Castrodouro, convertida máis tarde en igrexa parroquial.
Consta dunha soa nave cuberta de madeira, arco triunfal de medio punto, capela maior cadrada e cuberta a catro augas. Ao seu carón áchase a sacristía e un rústico pórtico. A fachada principal ten porta alintelada e espadana de dous corpos e tres vans. Na capela maior destaca un fresco do século XV que representa a Piedade coas figuras laterais de san Xoán, María Magdalena e unha caveira. As súas cores son vivas e están consideradas como as máis antigas da diocese.
Arriba
Axúdanos a mellorar!