IGREXA PARROQUIAL DE SAN PEDRO DE VIANA

Relixioso
1127
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: San Pedro de Viana (San Pedro)

Lugar: San Pedro

27513  Chantada - Lugo

Coordenadas:
42º 35' 31.9" N - 7º 51' 02.0" W

Descrición

Edificio reedificado no século XVII, con nave rectangular con dúas portas de acceso e presbiterio cadrado, ao que se lle engadiu no lado esquerdo a sancristía. Os muros son de cachotería e cantería de granito, con cuberta a dúas augas. O frontispicio remátase cunha espadana sinxela dun só van. Destaca no seu interior o retablo renacentista da capela maior.

Acceso

En Chantada tomar a estrada LU-213 en dirección Lalín-Santiago. A 3 km desviarse á esquerda pola estrada LU-P-1002. Ao pasar o lugar de Comezo coller o desvío á esquerda pola LU-P-1815.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Arriba
Axúdanos a mellorar!