IGREXA DE SAN VICENTE DE FERVENZAS

Relixioso
220

Localización

Parroquia: San Vicente de Fervenzas (San Vicente)

Lugar: A Igrexa 6

15317  Aranga - A Coruña

Coordenadas:
43º 12' 34.5" N - 8º 06' 02.1" W

Descrición

Igrexa de tipoloxía rural, de estilo predominantemente barroco. Presenta unha planta rectangular cunha soa nave, con ábsida rectangular e sancristía pegada nun lateral. A cuberta, a dúas augas, péchase con tella curva. Sufriu diversas reformas ao longo da súa historia, sendo destacable a elevación da súa altura. Os muros son de cachotaría de granito, aínda que o muro lateral dereito foi recebado. Moi sobria, concentra a escasa ornamentación na fachada principal, que posúe unha porta decorada cun friso de casetóns, un rosetón con vidreira e unha pequena espadaña rematada por unha cruz entre dous pináculos. Destaca a cruz cumial. O aumento da altura da nave queda reflectido na fachada. A luz entra a través do rosetón, tres pequenas ventás laterais e a ventá seteira posterior.

Acceso

N-VI, no lugar de Montesalgueiro dirección Portoscalvos-Milreu ata chegar á CP-0302 á dereita e chegar á indicación do lugar de Igrexa.

Estilos

Barroco
Arriba