IGREXA DE SAN MARTIÑO DE AGUÍS

Relixioso
920

Localización

Parroquia: Aguís (San Martiño)

Lugar: Aguís

32634  Os Blancos - Ourense

Coordenadas:
41º 58' 53.6" N - 7º 46' 54.5" W

Descrición

A igrexa, dunha soa nave e con cuberta de madeira construíuse a finais do século XVI. No seu interior destacan varias esculturas documentadas ou atribuídas a destacados mestres da arte ourensá, como por exemplo o talle do patrón, San Martiño. A Virxe do Rosario é dun dos máis afamados escultores manieristas que traballaban en Ourense a finais do século XVI e principios do XVII, Alonso Martínez, mestre de Francisco de Moure. É un elegante talle representado de pé, sostendo o Neno nos seus brazos.

Acceso

En coche.
Arriba
Axúdanos a mellorar!