IGREXA DE SANTA MARÍA DE NARAÍO

Relixioso
1093

Localización

Parroquia: Naraío (Santa María)

Lugar: O Eirixado 10

15576  San Sadurniño - A Coruña

Coordenadas:
43º 29' 54.9" N - 8º 05' 09.9" W

Descrición

Igrexa de estilo predominantemente barroco, construída entre os séculos XI e XVIII. Planta de cruz latina, con nave principal, dúas capelas laterais e sancristía. Cuberta de lousa a diferentes augas. Volumetría sinxela, con elevación do presbiterio, característico dos templos rurais. No interior, gran sinxeleza e sobriedade. No exterior, combina cachotería vista e cachotería revestida con branquexado. Fachada principal de grande austeridade, cun único corpo, porta rectangular, oco abucinado e pequeno rosetón circular. Sobresae a espadana de dous ocos sobre pequeno corpo pegado.

Conserva elementos de estilo románico na portada e dous sepulcros medievais nunha das capelas laterais.

Acceso

Dende capital municipal, tomar C-642, no km 4 seguir á dereita indicador a Naraío, aproximadamente a 2.5 km atopa a igrexa parroquial.
Arriba
Axúdanos a mellorar!