IGREXA DE SAN XIÁN DE SOÑEIRO

Relixioso
1205

Localización

Parroquia: Soñeiro (San Xián)

Lugar: Costa

15168  Sada - A Coruña

Coordenadas:
43º 19' 42.0" N - 8º 17' 24.0" W

Descrición

Igrexa de estilo barroco, de tipoloxía rural, construída no século XVIII. Presenta unha planta rectangular, cunha única nave. A escasa decoración concéntrase na fachada principal, con sinxelas volutas e pináculos nas esquinas. Os seus muros están recebados e pintados de branco, polo que os seus panos contrastan coas grosas pezas de cantería á vista tanto nos esquinais coma nas xambas da porta. Sobresae unha espadana dobre con frontón. O remate realízase mediante un frontón triangular cunha cruz de ferro.

Acceso

Dende Sada, tomar a AC-183 durante 1,2 km, despois xirar lixeiramente a esquerda por DP-5813 e seguir 1,9 km ata Osedo e xirar novamente a esquerda pola DP-7505. A 1,7 km atópase a Igrexa.

Estilos

Barroco
Arriba
Axúdanos a mellorar!