CASA CONSISTORIAL

Civil
1005
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Praza da Constitución, 1

15300  Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 51.9" N - 8º 12' 41.0" W

Descrición

Edificio de estilo neoclásico, deseñado no último terzo do século XVIII por Ventura Rodríguez. Ten planta rectangular. Trátase dunha construción de cantería con soto, planta baixa e dúas alturas. A planta baixa con almofadado liso. Os vans da primeira planta atópanse comunicados por un balcón común. Destacan catro pilastras con capiteis xónicos de volutas nas que colgan grilandas de loureiro abrazando rosas en ferro forxado.

Acceso

No núcleo urbano.
Accesibilidade ás inmediacións: autobús.
Accesibilidade ao recurso: coche, peatonal.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés
Arriba
Axúdanos a mellorar!